A biblioteca de Vilalba acolle uns obradoiros sobre igualdade dirixidos ás familias
A Biblioteca Municipal de Vilalba presenta Sementeira de Igualdade, un novo proxecto da man do Centro de Información á Muller de Vilalba e da Concellería de Servizos Sociais.
Trátase dunha iniciativa en materia de igualdade e violencia de xénero que contará con 20 mochilas de libros para promover a lectura e o pensamento en familia.
Para presentar este novo proxecto, a Biblioteca Municipal acollerá o vindeiro martes, 11 de xuño, e mércores, 12 de xuño, ás 17.30 (ámbolos días) dous obradoiros participativos impartidos por Noelia Darriba.
En concreto, o martes día 11 o obradoiro estará dirixido a familias con crianzas ata 12 anos, mentres que o mércores día 12 a actividade irá encamiñada a adultos/as sen crianzas e familias con crianzas de máis de 12 anos.
Para participar será necesario inscribirse previamente pero de forma moi sinxela cubrindo este formulario.