A biblioteca de Vilalba acolle uns obradoiros sobre igualdade dirixidos ás familias
A Biblioteca Municipal de Vilalba presenta Sementeira de Igualdade, un novo proxecto da man do Centro de Información á Muller de Vilalba e da Concellería de Servizos Sociais.
Trátase dunha iniciativa en materia de igualdade e violencia de xénero que contará con 20 mochilas de libros para promover a lectura e o pensamento en familia.
Para presentar este novo proxecto, a Biblioteca Municipal acollerá o vindeiro xoves, 27 de xuño, ás 16.30 e ás 18.30 horas dous obradoiros participativos impartidos por Noelia Darriba.
En concreto, o primeiro estará dirixido a familias con crianzas ata 12 anos, mentres que o segundo a actividade irá encamiñada a adultos/as sen crianzas e familias con crianzas de máis de 12 anos.
Para participar será necesario inscribirse previamente pero de forma moi sinxela cubrindo este formulario.