A biblioteca de Vilalba celebra o Día do Libro cunha actividade de narración oral

TerraChaXa
O vindeiro 23 de abril é o Día Internacional do Libro e a Biblioteca Municipal de Vilalba convocou unha actividade para celebralo.
narracion oral biblioteca vilalba portada
21 Abr 2024

O vindeiro 23 de abril é o Día Internacional do Libro e a Biblioteca Municipal de Vilalba convocou unha actividade para celebralo. Trátase de E a ti...que che contaban?, unha proposta familiar de narración oral da man de Vero Rilo.

Será ás 17:30 cando terá lugar na propia Biblioteca Municipal este espectáculo ofrecido pola narradora Vero Rilo para nenos e nenas dende os 4 anos de idade.

As prazas son limitadas e para participar haberá que inscribirse previamente neste enlace  ou escaneando o código QR do cartel.

0.10535311698914