A Biblioteca de Vilalba celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil con contacontos

TerraChaXa
O vindeiro martes 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e para conmemoralo a Biblioteca Municipal de Vilalba realizará unha actividade dirixida ao público infantil Trátase dunha sesión de contacontos que ofrecerá Sole Felloza en dous horarios.
dia do libro biblioteca vilalba portada
25 Mar 2024

O vindeiro martes 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e para conmemoralo a Biblioteca Municipal de Vilalba realizará unha actividade dirixida ao público infantil

Trátase dunha sesión de contacontos que ofrecerá Sole Felloza en dous horarios. Ás 16:00 unha sesión adaptada a nenos e nenas de 1 a 4 anos e ás 18:00 outra para nenos e nenas de 5 anos en diante.

En concreto, a sesión de contacontos que traerá Sole Felloza á biblioteca será Paxariña. As prazas son limitadas así que haberá que inscribirse, de balde, antes a través do WhatsApp da Biblioteca (626 399 329) ou presencialmente nas instalacións da mesma.

0.19931483268738