A biblioteca de Vilalba festexa as Letras Galegas cunha actividade este martes

TerraChaXa
Poderá verse o espectáculo Dende Rosalía ata as Cantareiras, da compañía A Xanela do Maxín
a-xanela-do-maxin
12 May 2025

A chegada do Día das Letras Galegas xa se fai notar na Biblioteca Municipal de Vilalba, onde está todo preparado para celebrar esta data tan significativa.

O vindeiro martes, 13 de maio, ás 17:00 horas, terá lugar o espectáculo Dende Rosalía ata as Cantareiras, da compañía A Xanela do Maxín. Trátase dunha proposta artística multidisciplinar que combina narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías, cun claro obxectivo: render homenaxe a todas as mulleres protagonistas ao longo da historia das Letras Galegas.

A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir dos 3 anos e xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste evento pensado para toda a familia e centrado na posta en valor da nosa lingua e literatura. Apúntante neste enlace.

⚙ Configurar cookies
0.14308190345764