A biblioteca de Vilalba presentou a súa nova mascota
A Biblioteca Municipal presentou a Olliño, a súa nova mascota, deseñada por Nerea Ocampo, gañadora do concurso e convertida en marioneta por Kukas.
Ademais, Sole Felloza, no acto de presentación da mascota, contou a súa historia de vida e permitiu aos asistentes coñecer máis detalles de Olliño, un olláparo que agora quedará a vivir entre libros.
Nerea Ocampo foiu a gañadora do concurso da mascota convocado pola biblioteca, no que houbo 70 participantes, en especial do CEIP Monseivane, o CEIP Insua Bermúdez e as ludotecas do municipio, que enviaron unha gran cantidade de debuxos.
A alcaldesa, Marta Rouco, que xunto a Concelleira de Educación, Paula Vigo, fixo entrega do premio á gañadora do concurso, quixo aproveitar a ocasión para "convidar a todos e a todas a que, se non o fixeron onte, se pasen pola Biblioteca para coñecer a Olliño e aproveiten para somerxerse no variado fondo de libros co que contamos".