A Biblioteca de Xermade acolle a presentación do libro 'Memorias dun porco teixo'

TerraChaXa
Trátase da terceira novela de Xosé Manuel Fepeto, que recolle 19 relatos cheos de nostalxia, humor e historias
memorias-dun-porco-teixo
24 Feb 2026

A Biblioteca Pública de Xermade será o escenario da presentación do libro Memorias dun porco teixo, da autoría de Xosé Manuel Felpeto Carballeira. O acto celebrarase este venres, 27 de febreiro, ás 18.30 horas e está aberto ao público.

Durante a presentación o propio autor dará a coñecer os contidos e o proceso creativo dun libro que se suma á produción literaria en lingua galega. O encontro servirá tamén como espazo de diálogo entre o escritor e as persoas asistentes arredor da obra presentada. Trátase da súa terceira novela, que recolle 19 relatos cheos de nostalxia, humor e historias.

0.085982084274292