A biblioteca de Xermade acolle 'O frautista de Hamelín'

TerraChaXa
A biblioteca de Xermade prepara para o día 21 de agosto ás 19.
A biblioteca de Xermade acolle 'O frautista de Hamelín'
17 Ago 2020

A biblioteca de Xermade prepara para o día 21 de agosto ás 19.00 horas a primeira actividade presencial qe que se encadra dentro do Programa Ler conta Moito da Consellería de Cultura e Turismo.

Esta sesión consisitirá nunha adaptación circense pola compañía de animación MocMoc, do clásico O frautista de Hamelín, en clave de humor e co apoio de clown, malabares e a participación do público.

Se a climatoloxía o permite tratarán de realizar esta sesión ao aire libre no recuncho lector anexo á bilbioteca.

Para organizar correctamente esta actividade e garantir as medidas de distanciamento físico, precisan inscrición previa.

0.14064788818359