A Biblioteca de Xermade convoca o certame das Letras Galegas

TerraChaXa
A Biblioteca Pública de Xermade vén de convocar a fase local do certame de narración e debuxo infantil con motivo das Letras Galegas 2022.
certame letras galegas xermade portada
11 Maio 2024

A Biblioteca Pública de Xermade convocou a fase local do certame de narración e debuxo infantil con motivo das Letras Galegas 2024. Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2024, dentro da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Este ano o certame leva por tema Pensar para ser libres. O concurso e vai dirixido a nenas e nenos ata 16 anos establecéndose 3 categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.

O prazo de presentación dos traballos rematará o 16 de maio debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

0.19886803627014