A biblioteca de Xermade convoca un concurso de poesía infantil

TerraChaXa
A Biblioteca Pública de Xermade convoca este ano o Certame de Poesía Infantil Nadal, organizado polas bibliotecas locais nunha primeira fase.
certame poesia infantil xermade portada
certame poesia infantil xermade portada
20 Dec 2022

A Biblioteca Pública Municipal de Xermade convoca este ano o Certame de Poesía Infantil Nadal 2022, organizado polas bibliotecas locais nunha primeira fase.

Poderán participar nenos dende pequenos e ata 16 distribuídos en tres categorías. Na A estarán os que teñan ata 8 anos; na B os de 9 a 11 anos e na C os de 12 a 16 anos.

Os nenos e nenas seleccionados recibirán cadanseu diploma e lote de libros, amais participarán na fase provincial.

Para obter máis información sobre o certame, pode acudirse á biblioteca en horario de 15.00 a 21.00 de luns a xoves e o venres de 8.30 a 14.30 horas.

certame poesia infantil xermade
0.18139505386353