A biblioteca de Xermade escolle aos gañadores do certame das Letras Galegas
A biblioteca de Xermade fixo públicos os gañadores do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2023.
No apartado de narración, a vencedora da categoría A (até 8 anos) foi Martina Fernández Salgado. Na B, para nenos e nenas de 9 a 11 anos, os premios foron para Lois Martínez Bermúdez, Anastasia Arribas Vega e Ainara Romero Baamonde. Na C (12 a 16 anos) gañaron Aroa Blanco Prieto e Sarai Paz Prieto.
No apartado de debuxo tamén os premios foron por categorías de idade. Entre os máis pequenos os gañadores foron Juan Prieto Souto, Martina Fernández Salgado e Uxía Cazás Pardiñas. No seguinte grupo, de 9 a 11 foron Gael Otero Gómez e Adrián Canto Folgueira.
No último grupo de premiados, da categoría C (12-16 anos) o premio foi para Sarai Paz Prieto.
Estes traballos pasan agora á fase provincial do certame. A entrega dos diplomas acreditativos e dos premios será o martes 20 de xuño ás 15.45. Ás 16.00 haberá un obradoiro de máscaras e títeres da man de Mircromina Teatro para despedir o curso cun sorriso.