A Biblioteca de Xermade participará no concurso Selfie LIX

TerraChaXa
14 Mar 2019

A Biblioteca de Xermade vén de convocar unha nova edición do Concurso Selfie LIX 2019 que coincidirá coa celebración o 2 de abril do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que vén de presentar a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte.

Este concurso vai dirixido a lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria; e para participar terán que facer un selfie que recree un personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil. O prazo de presentación rematará o 30 de marzo.

A biblioteca seleccionará un máximo de 3 traballos por categoría segundo o seu bo criterio, que serán remitidos a Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) onde formarán parte do c
oncurso.

0.16707301139832