A Biblioteca municipal de Guitiriz celebra o Día da Narracion Oral
O Concello de Guitiriz, en colaboración co Concello de Xermade, o Concello de Vilalba e o Concello de Muras, quere recuperar, a través da Biblioteca municipal, os relatos de veciños e veciñas de máis de 65 anos para compartilos coas novas xeracións no Día da Narración Oral, que se conmemora o 20 de marzo.
Para participar abonda con crear un relato de 3 minutos. Trátase de que gravar as historias dos nosos maiores, onde se queira, e enviar esa peza audiovisual ao Whatsapp da Biblioteca (606 32 55 97) ata o venres 22 de marzo. É importante que as gravacións se realicen co móbil en horizontal, a uns 5 pasos de distancia da persoa que narre.
Aquelas persoas que precisen de axuda, poden solicitala na Biblioteca Municipal de Guitiriz Casa Habanera, en horario de 12:00 a 14:00 horas. Na Biblioteca ou na web do Concello de Guitiriz está dispoñible o documento coa autorización para a publicación das gravacións.