A biblioteca municipal de Guitiriz celebra o día das persoas usuarias
Empeza un novo ano e por tanto iníciase o novo calendario do Libro e a Lectura 2023 que comeza a súa andaina coa primeira efeméride do ano: o 11 de xaneiro, día das persoas usuarias.
Unha data especial para a biblioteca pública municipal do Concello de Guitiriz, xa que o público é o máis importante; as persoas que veñen á biblioteca en busca de información, de formación, na procura dun lugar de encontro e de ocio son as que dan sentido ano labor do centro.
Para festexalo nomeáronse os socios e socias de honra deste 2023, seleccionados entre os mellores lectores/as do ano anterior aos que se lle entregou un agasallo.
En categoría adulta os socios de honra son Roberto Losada Vázquez e Ana Casas Filiol de Raimond. En infantil e xuvenil o título correspondeu a Andrea Cuesta Albadalejo e Roi Lopez Quijada.