A Biblioteca Municipal de Guitiriz pasa a formar parte da Rede de Bibliotecas galega

TerraChaXa
19 Out 2020

A Biblioteca Municipal Casa Habanera de Guitiriz integrase na xestión compartida da Rede de Bibliotecas Galegas. O proceso inclúe tarefas como o etiquetado con código de barras de todos os fondos, uns distintivos que axilizarán o proceso de préstamos e devolucións.
A concelleira de Cultura, Ainara Pérez, engade que esta adhesión á plataforma da rede de Bibliotecas, presta “servizos engadidos a todas as persoas usuarias, como por exemplo levar conta no perfil persoal de todos os títulos lidos, a posibilidade de comentalos e recomendarllos a outras lectoras e lectores, recibir alertas sobre vencementos de prazos de devolución, ou a posibilidade de usar o mesmo carné en case todas as bibliotecas galegas”.
As veciñas e veciños que queiran tirar proveito deste servizo e ter acceso ao catálogo compartido terán que darse de alta na web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/, un proceso que poden facer tanto as persoas que xa sexan usuarias da biblioteca como aquelas que vaian solicitar o carné por primeira vez.

0.18989205360413