A Biblioteca Municipal de Pastoriza convoca o segundo Concurso de Tautogramas

TerraChaXa
O certame está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, divididos en dúas categorías
concurso-de-tautogramas
23 Mar 2026

Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra o 2 de abril, a Biblioteca Municipal Ángel Basanta de Pastoriza organiza o II Concurso de Tautogramas Tautogramas. Esta iniciativa busca fomentar a creatividade lingüística entre os máis novos mediante a creación de textos onde todas as palabras comecen pola mesma letra.

O certame está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, divididos en dúas categorías: A, para participantes de 6 a 11 anos, e B, para aqueles de 12 a 16 anos. Os traballos deberán estar escritos en galego e ter unha extensión máxima de media folla. Ademais, poden ir acompañados dun debuxo representativo.

O prazo para presentar os tautogramas remata o 7 de abril de 2026. Un xurado seleccionará dous traballos gañadores por categoría. Os premiados recibirán un xogo de mesa e un lote de libros.

O fallo do xurado anunciarase o 10 de abril, e a entrega de premios terá lugar o 14 de abril. A participación no concurso implica a aceptación das bases establecidas pola organización.

Con esta actividade, a Biblioteca Municipal Ángel Basanta pretende estimular o interese pola lectura e a escritura creativa entre a mocidade, promovendo ao mesmo tempo o uso da lingua galega dun xeito lúdico e divertido.

0.11840605735779