A Biblioteca Municipal de Vilalba acolle un espectáculo familiar que combina música e narración

TerraChaXa
Ademais do espectáculo, a xornada incluirá un encontro coa autora Inma Soto, coñecida polos libros de Xela
sinfonia-de-contos-tamara-soto-e-inma-soto
29 Mar 2026

A Biblioteca Municipal de Vilalba será escenario este luns, 30 de marzo, ás 18:00 horas, do espectáculo Sinfonía de contos, nós tamén queremos navegar!, unha proposta dirixida ao público familiar que mestura palabra e música para dar vida a unha historia cargada de valores.

A actividade contará coa participación de Tamara Soto e Inma Soto, que ofrecerán unha experiencia pensada para todos os públicos na que se abordan temas como a amizade, o respecto pola natureza e a importancia de perseguir os soños. A iniciativa enmárcase na programación cultural do Concello, orientada a fomentar a lectura e a creatividade entre os máis pequenos e as súas familias.

Ademais do espectáculo, a xornada incluirá un encontro coa autora Inma Soto, coñecida polos libros de Xela, quen aproveitará a súa visita á biblioteca para asinar exemplares e compartir un momento cos lectores e lectoras.

Desde o Concello recoméndase realizar inscrición previa neste enlace para participar na actividade, debido á limitación de prazas, co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento do evento.

0.11732006072998