A Biblioteca Municipal de Xermade convoca o Certame de Poesía Infantil Nadal 2017
TerraChaXa
A Biblioteca Municipal de Xermade convoca o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2017" ao que convida a participar a tódolos rapaces e rapazas divididos en tres categorías -A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos-.
1 Dec 2017

Os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión dun máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación rematará o 23 de decembro.
As poesías gañadoras desta fase local participarán na fase provincial do Certame convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.