A Biblioteca Provincial repartiu os premios aos gañadores do certame das Letras Galegas

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades premiou a 33 escolares no Certame das Letras Galegas 2023
certame letras galegas 2024 biblioteca
30 Xuño 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades premiou a 33 escolares lucenses no Certame de narración e debuxo Letras Galegas 2023, que organiza a Biblioteca Pública de Lugo coa colaboración das bibliotecas municipais da provincia.

Os gañadores da fase provincial son seleccionados entre os galardoados da fase local en cada unha das bibliotecas participantes. O tema proposto na convocatoria deste ano foi Libros para xogar, libros para vivir. Os autores dos traballos elixidos polo xurado reciben unha figura de Sargadelos e un libro. A entrega será hoxe, ás seis da tarde, na biblioteca.

NARRACIÓN

Na categoría A (ata 8 anos) o primeiro premio foi para Alessia Rodríguez Amor, da Biblioteca de Antas de Ulla; o segundo para Antón Rodríguez Fernández (Chantada) e o terceiro para Vera Otero Dorrego (Barreiros). Tamén se concederon dos accésit. Un para Lía López Gómez (Monterroso) e outro para Julia Villapol Bello (Barreiros).

Na categoría B (de 9 a 11 anos) o gañador foi Jorge Melo Reigosa (Burela), seguido de Mía Santos Seijo (Foz) e Iria Pascual Arias (tamén de Burela). Tamén houbo accésits para Jimena Domínguez García (Burela), Nerea Sobrado Gasalla (Ribadeo) e Diego Ávalos Gato (Viveiro).

Na C (de 12 a 16 anos) os premios foron para Ana Lestao Ben (Burela), Jimena Campo Arias e Lucía Lastra Pérez, as dúas de Ribadeo. Os accésits correspoderon a Sarai Paz Prieto (Xermade), Lidia Expósito Goás (Alfoz) e Pablo García Legazpi (Ribadeo).

DEBUXO

Entre os menores de 8 anos os premios foron para Naia Fontenla Suárez (Burela), Leire Posada García (Ribadeo) e Pablo Hernando González (Outeiro de Rei).

Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañaron Nicolás Fernández Núñez (Chantada), Carlota Oroza Díaz (Viveiro) e Carla Mellada Abuín (Burela).

Finalmente, na categoría C (de 12 a 16 anos) repartiron os premios Marcela Pérez-Magdalena Villar (Ribadeo), Claudia Loureiro García (Ribadeo) e Alba García Trinidad (Lugo).

Premiados fase local

No acto tamén reciben os seus premios os galardoados da fase local no municipio de Lugo na modalidade de debuxo. Na categoría B, Ylenia Victoria Penas Vázquez quedou primeira; Naya Abeledo Lagares segunda; e Ariadne Fernández Rojo terceira.

Na categoría C, o primeiro premio foi para Alba García Trinidad; o segundo para Pedro Alvelo Álvarez e o terceiro para Candela Bande López. Houbo un accésit para Adela Durán González.

0.14867401123047