A Biblioteca Pública de Guitiriz recoñece aos lectores máis activos como Socios de Honra 2025

TerraChaXa
A iniciativa pretende agradecer e poñer en valor o compromiso coa lectura e o uso habitual da biblioteca como espazo cultural e de encontro
premio-maria-moliner-biblioteca-casa-habanera-guitiriz
18 Jan 2026

A Biblioteca Pública do Concello de Guitiriz deu a coñecer os nomes das persoas recoñecidas como Socios de Honra 2025, unha distinción coa que se premia aos lectores e lectoras que realizaron un maior número de préstamos ao longo do pasado ano. A iniciativa pretende agradecer e poñer en valor o compromiso coa lectura e o uso habitual da biblioteca como espazo cultural e de encontro.

Na categoría infantil e xuvenil, os recoñecementos foron para Andrea Cuesta Albaladejo, Zaira El Attaouy Bahamonde e Alberte Teijido Varela, mentres que na categoría de persoas adultas foron distinguidas María Villares Miraz, Josefa Rodríguez Losada e María Josefa Amenedo Barral. Todas elas recibirán un pequeno agasallo como mostra de agradecemento pola súa fidelidade e participación activa na vida da biblioteca.

Desde o Concello de Guitiriz e a Biblioteca Casa Habanera salientan que o interese pola lectura e o uso continuado deste servizo público contribúen a manter vivo este espazo cultural, converténdoo nun lugar compartido e dinámico para toda a comunidade. Ao mesmo tempo, trasladan os seus parabéns ás persoas recoñecidas e anímanas a seguir lendo e desfrutando da biblioteca ao longo de 2026.

⚙ Configurar cookies
0.083070993423462