A Biblioteca Rivera Rouco acolle a presentación da novela 'Solo te pido un año', de Zaida Picos

TerraChaXa
O acto, aberto ao público, permitirá coñecer de primeira man a autora e a súa obra, nun encontro literario
presentacion-libro-as-pontes
27 Jan 2026

A Biblioteca Municipal Rivera Rouco será o escenario o este mércores, 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, da presentación do libro Solo te pido un año, da escritora Zaida Picos, unha novela que afonda nos límites entre a liberdade persoal, a paixón e os conflitos emocionais.

A obra presenta a historia de Savana Brown, unha muller que aparentemente o ten todo: unha relación estable, un futuro prometedor e unha carreira profesional brillante. Porén, no máis fondo da súa intimidade sente a necesidade de atoparse a si mesma e pertencer á súa propia vida. Fronte a ela está Benjamín Lambert, un chef de recoñecemento internacional, tan carismático como provocador, cun pasado marcado polas feridas emocionais e unha visión escéptica do amor.

O encontro entre ambos dá lugar a unha relación intensa, baseada nun pacto temporal que os levará a emprender unha viaxe chea de desexos, tensións e contradicións, na que a paixón desafía a razón e a liberdade pode ter consecuencias irreversibles. A novela propón así unha reflexión sobre as decisións vitais, o amor e os riscos de entregarse sen reservas.

O acto, aberto ao público, permitirá coñecer de primeira man a autora e a súa obra, nun encontro literario que reforza a programación cultural da Biblioteca Rivera Rouco e o seu compromiso coa promoción da lectura e da creación literaria contemporánea.

⚙ Configurar cookies
0.078151226043701