A Biblioteca Rural de San Martiño de Pino celebra o Día de Rosalía

TerraChaXa
O evento incluirá a entrega de premios do V Certame de Caligramas, un recital teatralizado de poemas de Rosalía de Castro e rematará coa degustación dun Caldo de Gloria
dia-de-rosalia-pino
24 Feb 2026

A Biblioteca Rural de San Martiño de Pino, na Escola de Pino, acollerá o sábado 28 de febreiro ás 12:00 horas a celebración do Día de Rosalía, unha xornada dedicada á literatura e á tradición galega.

O evento incluirá a entrega de premios do V Certame de Caligramas Constanza de Castro, un recital teatralizado de poemas de Rosalía de Castro a cargo do Grupo de Teatro de Pino e rematará coa degustación dun Caldo de Gloria.

Trátase dun encontro pensado para lembrar, sentir e celebrar a nosa poeta máis universal, unha oportunidade para achegarse á súa obra e ao legado cultural que deixou en Galicia.

0.088676929473877