A biblioteca vivariense remata os sábados de contos o día 21 con Charo Pita

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O vindeiro sábado 21, a contacontos Charo Pita será a encargada de pórlle o punto e final os sábados de relatos que programou durante todo o mes de setembro o Concello de Viveiro, na biblioteca.
69733757_582883878910516_3651440350196662272_n
20 sep 2019

O vindeiro sábado 21, a contacontos Charo Pita será a encargada de pórlle o punto e final os sábados de relatos que programou durante todo o mes de setembro o Concello de Viveiro, na biblioteca.

A sesión levará por título 'Sen barreiras' e terá lugar ás 12 horas na biblioteca municipal.

Estas xuntanzas estiveron organizadas polo Concello de Viveiro e contaron coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

Trátase dunha iniciativa para incentivar a ler, estimular a creación artística e literaria e fomentar a comunicación en lingua galega.

Caxoto, Bego Bras e Tom Arenas foron os contacontos que pasaron este mes por Viveiro.

0.14868998527527