A bioplanta de Ence sométese a información pública
O proxecto da empresa Ence de instalar unha bioplanta no concello das Pontes sométese a partir deste venres a información pública. Trátase dunha fábrica para producir material reciclado a partir dunha mestura de papel e cartón usado con fibras vexetais.
A Secretaría xeral de Industria expón así a información pública durante un período de 30 días os detalles sobre o impacto ambiental do proxecto de Ence, que inclúe un proceso de reciclaxe de papel e cartón e outro de fabricación de pasta de celulosa, aos que se poden presentar alegacións.
O proxecto de Ence foi catalogado pola Xunta como "proxecto industrial estratéxico" e aspira a investir uns 125 millóns de euros na primeira fase, dos 350 millóns de euros que calcula que custará en total. A empresa anunciou que podería xerar un milleiro de empregos directos e indirectos.
A segunda fase do proxecto inclúe a construción dunha planta térmica para producir uns 150 megawatts de potencia e outros 50 megawatts de electricidade, co fin de completar a iniciativa en 2027.