A Cabalgata de Castro terá dúas paradas

TerraChaXa
Os Reis Magos pasarán de novo por Castro este mércores 5 visitando aos pequenos en dúas quendas diferentes.
cabalgata de reis castro portada
3 Xan 2022

Os Reis Magos pasarán de novo por Castro este mércores 5 visitando aos pequenos en dúas quendas diferentes.

As primeira será no pavillón de Castro de Rei, ás 16.30 horas e a segunda en Castro Ribeiras de Lea, ás 19.00 horas, nesta ocasión na Caseta do Polbo, fronte á antiga biblioteca.

Os menores poderán saudar aos Reis, pero non sentar con eles debido ao crecemento da incidencia da covid, e recibirán unha bolsa de gominolas.

Será obrigatorio o uso de máscara e respectar as medidas polo covid-19 que estean activas ese día.

0.042689800262451