A caída dunha árbore en Parga provoca que quede sen sinal de televisión
Parga atópase sen sinal de televisión por mor dunha caída dunha árbore, que cortou o cable da luz que dá corrente ao repetido de sinal que está no campo de fútbol de Parga.
Desde o Goberno local informan de que xa se comunicaron con Retegal, responsable da torreta, nada máis detectar o problema, e a empresa indicou comprobar a corrente, ata onde se desprazou persoal do concello para facelo.
A corrente, tras a comprobación, chegaba correctamente, pero a empresa explicou que hai dous paneis que fallan e que ata luns non poderán vir a arranxalos, polo que desde o Concello lamentan as "molestias ocasionadas nos veciños".