A campaña a favor do comercio local chega ás localidades de Muimenta, Cospeito e Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros
merca-no-teu-comercio
30 Sep 2025

A campaña Merca no teu comercio chega a Muimenta, Cospeito e Castro de Rei!. Entre o 1 e o 15 de outubro de 2025 terá lugar esta iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de Lugo celebraranse 10 actuacións, englobando 22 localidades ata o mes de novembro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.

Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de Muimenta, Cospeito e Castro de Rei, nas datas da campaña (do 1 ao 15 de outubro de 2025). Deben facelo rexistrando directamente a súa compra na web da localidade correspondente (mercanoteucomercio.com/muimenta; mercanoteucomercio.com/cospeito; mercanoteucomercio.com/castrorei) a través de calquera dispositivo electrónico: móbil, tableta ou ordenador. A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo realizarase o 16 de outubro, e o xoves 6 de novembro terá lugar a entrega de premios na Praza Maior de Muimenta.

⚙ Configurar cookies
0.11054801940918