A campaña Burela Rebonita concienciará da necesidade de facer un bo uso do punto limpo

TerraChaXa | AMariñaXa
A campaña Burela Rebonita concienciará da necesidade de facer un bo uso do punto limpo
1. Magical Colors
29 Nov 2020

As Concellerías de Medio Ambiente e Obras e Servizos lanzaron unha nova campaña chamada Burela Rebonita para concienciar á cidadanía da necesidade de facer un bo uso do punto limpo e do punto limpo móbil.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “onte, venres, puxemos un ministand no mercado pola mañá e repartimos imáns entre as veciñas e os veciños nos que ía o número de teléfono ao que teñen que chamar para solicitar a recollida a domicilio dos enseres para o punto limpo”.

A edil burelesa subliñou que “agora a recollida domiciliaria realízase todos os días de luns a venres previa chamada ao teléfono 626 76 31 42. É moi importante chamar e respectar o día que che din para baixar os enseres á rúa. Se non se fai así é imposible manter o pobo limpo. Non podemos ter o camión do punto limpo dando voltas por Burela en busca de enseres”.

Toñi Eijo engadiu que “se todos poñemos da nosa parte será mais sinxelo manter o pobo limpo e dar unha boa imaxe”.

0.17673206329346