A campaña Come Local chega a varios comedores escolares da provincia

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
A campaña Come Local chega a varios comedores escolares. Ten como obxectivo impulsar o consumo dos produtos agroalimentarios locais
tazas pratos xantar
8 Maio 2021

Varios colexios da provincia súmanse este ano á campaña Come Local, nesta ocasión son o CPI Dr. López Suárez de Friol; CEIP San Cosme de Barreiros; CEIP Juan Rey de Lourenzá; CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

Esta segunda edición da campaña ten como obxectivo impulsar o consumo dos produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade: as DOP (Denominación de Orixe Protexida), IXP (Indicación Xeográfica Protexida) e a agricultura ecolóxica de proximidade. Esta última será levada ás mesas dos comedores escolares participantes grazas á colaboración do Craega, que achegará diversos alimentos certificados, como carne de polo e hortalizas, entre outros.

Esta campaña, que tivo unha grande acollida na súa primeira edición, desenvolverase ata o 31 de outubro. Nesta ocasión contará con formación e asesoramento aos responsables dos comedores adherido, polo que non só serán degustacións de menús, senón tamén actividades formativas, tanto das características nutricionais dos alimentos como do impacto que supón o consumo de alimentos certificados na consecución dos Obxectos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

ACTIVIDADES DA CAMPAÑA

Achegar aos comedores seleccionados, de forma totalmente gratuíta, produtos galegos con certificado de calidade. Darase a oportunidade de que nenos e nenas usuarios do comedor poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.

Realizar un escandallo semanal para dotar aos comedores dunha ferramenta que facilite o cálculo do gasto que lles permita planificar mellor a súa conta de gastos. Enviarase un vídeo aos estudantes sobre educación alimentaria, que ten como fío condutor o papel da biodiversidade agrícola e o que xogan os produtos certificados á hora de conservala, así coma a importancia de comer de xeito local. E haberá formación a través de Zoom aos cociñeiros dos comedores e caterings.

come local craega
0.15830588340759