A campaña do BNG contra a suba do recibo da luz chega a Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
28 Dec 2018



O BNG instalou a mesa informativa en Burela á que se achegaron numerosas persoas preocupadas pola "escandalosa" suba do recibo da luz.


Con esta recollida de firmas o BNG pretende dirixirse á Consellería de Industria pedindo unha tarifa eléctrica propia para Galiza, baixada do IVE so 21% ao 4%, garantir a subministración eléctrica para toda a poboación, a creación dunha empresa pública que integre os encoros que remataron o período de concesión e a socialización dos beneficios xerados pola produción eléctrica, nomeadamente a eólica.


“Nós producimos electricidade, e temos dereito a que esa riqueza reverta sobre o pobo”, manifestou o portavoz do BNG en Burela, Mario Pillado, que estivo na mesa informando  á veciñanza en compañía doutros membro do BNG local.


Esta campaña que o BNG iniciou no mes de outubro, vén percorrendo os concellos da Mariña,  con actos públicos, mesa de recollida de sinaturas e divulgación de información. Os nacionalistas realizaron xa este tipo de actos en varios concellos da comarca, e continuarán nas próximas semanas.

0.099378108978271