A campaña “Merca no teu Comercio” chega a Guitiriz para impulsar as compras locais

TerraChaXa
Esta acción enmárcase nun programa que comprende 40 campañas en máis de 90 localidades galegas
compras-comercio-recurso
15 Sep 2025

Guitiriz acolle entre o 15 e o 30 de setembro de 2025 a campaña publicitaria e promocional Merca no teu Comercio, unha iniciativa da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia. O obxectivo é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar clientes aos establecementos de proximidade e dinamizar o pequeno comercio.

Esta acción enmárcase nun programa que comprende 40 campañas en máis de 90 localidades galegas, das cales 10 se desenvolverán na provincia de Lugo, repartindo un total de 10.000 euros en premios ata o mes de novembro.

No caso de Guitiriz, poderán participar todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas do municipio durante as datas da campaña, rexistrando as operacións na web mercanoteucomercio.com/guitiriz
a través de móbil, tablet ou ordenador. Tamén os comerciantes poderán introducir directamente as compras dos seus clientes, o que duplica as posibilidades de gañar.

Entre todos os participantes sortearanse 1.000 euros en premios, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha, que deberán empregarse exclusivamente no comercio local. O sorteo terá lugar o 1 de outubro e a entrega de premios será o mércores 8 de outubro na Praza de Santa María.

⚙ Configurar cookies
0.099083185195923