A candidatura do PSOE de Cospeito combina xuventude e experiencia

TerraChaXa
A candidata do PSOE a alcaldía de Cospeito, Rosa Morán, informou este martes das persoas que a acompañan na candidatura ás eleccións municipais.
Cospeito PSEO familia
9 Maio 2019

A candidata do PSOE a alcaldía de Cospeito, Rosa Morán, informou este martes das persoas que a acompañan na candidatura ás eleccións municipais. A socialista subliñou que se trata dunha lista que combina xuventude e experiencia no eido local, que representa o conxunto das parroquias do Concello e que teñen como punto común o interese de “acabar co inmobilismo que leva arrastrando durante tantos anos Cospeito. Somos xente traballadora e emprendedora, disposta a dedicar todo o noso tempo e dedicación para mellorar a calidade de vida dos veciños”.

“Presentamos un proxecto realizable e innovador, sen vender fume, onde nos comprometemos co sector agrogandeiro para que sexa o motor económico do Concello, ofrecer aos nosos maiores a atención profesional que se merecen e desenvolver medidas que busquen fixar poboación en Cospeito. En definitiva, faremos políticas pensando nos nosos, no noso comercio, no noso tecido asociativo, nos nosos estudantes, nas nosas familias, ampliando os dereitos e as liberdades que a dereita nos quere quitar”.

 

Á candidatura do PSOE esta formada por Rosa Morán, Loly Alvariño, Carmen Nodar, Daniel  Irimia, Alvaro Anllo, María González, Ramón Vázquez, José Manuel Gómez, Susana Pena, Juan Lorigados, Sevando Otero, Pastor Fuenteseca,  Lorena Paredes, José Antonio Pérez e Anibal José Rodríguez.

0.19884610176086