A carreira popular Concello de Viveiro-Memorial Julián Bernal será o sábado

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
22 Nov 2019

A XXI edición da carreira popular Concello de Viveiro-Memorial Julián Bernal será o sábado 23.

Así, participarán nacarreira da cidade do Landro uns 400 atletas.

A proba viveirense,organizada polo Club Deportivo Egovarros e o Concello de Viveiro, terá a súa cita ás 11 horas, cando os atletas participarán nas probas de categorías menores, cun total de 9, desde os biberón ata os cadetes.

Xa ás 16.30 comezará a carreira absoluta con 15 categorías na que terán que darlle dúas voltas a un circuíto de algo máis de 6 quilómetros, polo que finalmente percorrerán uns 13 quilómetros.

Ao final da proba e haberá entrega de premios, e pinchos para todos os participantes e os seus acompañantes.

Por outra banda, produciranse restriccións de tráfico que afectarán aos varios tramos nos horarios indicados. Polo Paseo Marítimo, avenida Martín Ledesma, avenida Alcalde Meirás e avenida Luis Cebreiro, de 10.45 a 12.00 horas e de 16.15 a 18.00 horas.

Pola estrada da Igrexa e estrada Praia de Sacido fronte ao Galaico, de 16.15 a 18.00 horas.Os horarios son estimativos en función do transcurso das carreiras.

0.1558940410614