A casa da cultura da Pastoriza acolle a presentación do libro de Xurxo Souto

TerraChaXa
A casa da cultura da Pastoriza acolle a presentación do libro de Xurxo Souto, Pangalaica. Recortes poderosos. Esta será mañá sábado
pangalaica1
6 Ago 2021

A casa da cultura da Pastoriza acolle a presentación do libro de Xurxo Souto, Pangalaica. Recortes poderosos. Esta será mañá sábado ás 12.00 horas. Para asistir haberá que reservar chamando ao teléfono 622 913 968.

Co pretexto de que a pandemia paralizou a actividade cultural unha revista cultural pídelle ao autor que durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda.

É a escusa que precisaba e ao día seguinte aparece Haberá primavera!, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios— para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.

pangalaica
0.18356585502625