A casa da cultura da Pastoriza acolle un obradoiro sobre o uso correcto dos medicamentos
O Concello da Pastoriza en colaboración coa Escola Galega de Saúde organiza un obradoiro sobre o uso correcto dos medicamentos.
O uso adecuado dos medicamentos é un factor importantísimo para aliviar os síntomas que se estean padecendo ou curar a enfermidade que se estea sufrindo, ademais de ser imprescindible para protexer ao paciente de reaccións adversas por causa da toxicidade propia dos medicamentos. Por outra banda, o uso racional dos fármacos evita gastos inapropiados tanto para o paciente como para o sistema sanitario.
Este taller será o 16 de febreiro en horario de 16.30 a 20.30 hoas na casa da cultura da Pastoriza e estará impartido por Enrique del Arco Herrero, licenciado en Farmacia e técnico en prevención de risco.
Os interesados deberán anotarse no departamento de servizos sociais do Concello ou chamando ao 982 332 197 ou na propia web da escola.