A Casa da Cultura de Foz celebrará unha xornada sobre dixitalización e transformación dixital
O vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar ás 13.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura unha Xornada sobre Dixitalización e Transformación Dixital, na que se abordarán cuestións como a dixitalización, ferramentas dixitais, e-tícket, sistema integral de xestión Sicomercio, etc., e outros temas que resulten do interese dos comerciantes neste ámbito.
Desde a directiva de ACIA/CCA de Foz “consideramos que vai ser una charla moi interesante é importante porque o tícket electrónico acabará sendo obrigatorio”.
A Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket tradicional impreso en papel por un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable. Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvenientes do tícket tradicional fronte á súa perda ou deterioración, ademais de minimizar o uso do papel e contaminantes vinculados á impresión.
Sicomercio, é un sistema de xestión e venda para o comercio. Permite adoptar unha estratexia multicanle, competir en igualdade de condicións a outros formatos, xestionar stocks, vendas e prezos, obter estatísticas, integrarse cos principais marketplaces, coñecer a competencia, etc.
Este e outros temas abordaranse no transcurso da xornada, de grande interese para o sector comercial. A entrada é libre.