A casa da cultura de Vilalba acolle unha exposición de debuxo e pintura

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, Iescha,, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a exposición Debuxo e pintura de Isabel Pardo.
exposicion isabel pardo iescha 1
20 Xul 2021

O Instituto de Estudos Chairegos, Iescha,, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a exposición Debuxo e pintura de Isabel Pardo.

O acto de inauguración terá lugar o venres 23 de xullo, ás 19:30 horas, na casa da cultura de Vilalba e intervirán Antón de Guizán,  Marisa Berreiro e Isabel Pardo.

A exposición poderá visitarse dende o día 23 de xullo ata o 20 de agosto de 2021.

A artista estuda actualmente Historia da Arte en Santiago, onde pasa a maior parte do tempo. Realizou dúas exposicións entre o 2017 e o 2019, participando, tamén nestes anos, en diversos actos sociais, pintando en directo. Algúns destes actos son o premio Agustín Fernández Paz, en Vilalba,  e o premio Trapeiro de Honra a Raúl Río, nos Vilares, da man da NPG. Ilustrou o número 0 da revista NPGgazeta, e paralelamente o libro de poesía  de Emilia Martínez Fuentes "Lendas e versos". 

Tamén esta a traballar dando clases de debuxo a rapaces e rapazas, así como  realizando murais privados. Houbo un parón neste último tempo a nivel social,  no que se alonxou un pouco, pero que foi necesario para poder evolucionar  tanto estilística como temáticamente.

exposicion isabel pardo iescha
0.21751999855042