A Casa da Cultura de Vilalba acollerá a exposición pictórica de "Catro médicos pola Chaira"

TerraChaXa
O luns 18 de decembro na Casa da Cultura terá lugar ás sete e media da tarde a inauguración da mostra pictórica “Catro médicos pola Chaira”.
Catro médicos pola Chaira
15 Dec 2017

O luns 18 de decembro na Casa da Cultura terá lugar ás sete e media da tarde a inauguración da mostra pictórica “Catro médicos pola Chaira”.
Esta exposición recolle traballos de catro galegos nados na provincia de Lugo e vinculados a estas terras, ademais de estar unidos pola creatividade e a paixón polos pinceis: Leopoldo García Méndez, Pablo Galego Feal, Jesús Vázquez Gallego e Tino Cuesta.
Esta exposición permanecerá aberta ao público desde o 18 de decembro de 2017 ao 19 de xaneiro de 2018 no horario habitual da Casa da Cultura: de luns a venres de once a unha e de cinco e media a nove e os sábados tamén de once a unha.

0.16801595687866