A casa da cultura do Concello do Vicedo acollerá varias actividades este mes
O xoves 15 de outubro ás 16.30 horas a casa da cultura do Concello do Vicedo acollerá un obradoiro as paisaxes de sempre baixo o título Paisaxes de sempre para nenas e nenos de agora. Artistas galegas.
É un obradoiro creativo no que se realiza un percorrido polas principais mulleres artistas galegas do século XX. Esta actividade de creación plástica que ten como principal obxectivo poñer en valor a todas as mulleres que destacaron polo seu talento e creatividade no ámbito da arte.O xoves 22 de outubro ás 16.30 horas María Faltri presenta Picadiscos, unha actividade na casa da cultura do Vicedo.
Esta activiadade facilita aos convidados una morea de atrezo como perrucas, instrumentos, libros, e sobre todo moita empatía. E todo isto escoitando música infantil en galego.
Por outra banda a Banda de Música de Vilalba actuará tamén na casa da cultura o 25 de outubro ás 19 horas.