A Casa da Cultura vilalbesa acollerá unha xornada sobre axudas a empresas en zonas de Transición Xusta

TerraChaXa
O evento comezará ás 11:00 horas e está dirixido a empresas dos concellos de Muras, Xermade e Vilalba
xornada-axudas-transicion-xusta-vilalba
6 May 2025

Este mércores, 7 de maio, a Casa da Cultura de Vilalba será o escenario dunha xornada informativa destinada a dar a coñecer as distintas axudas dispoñibles para proxectos empresariais enmarcados nas zonas de Transición Xusta. O evento comezará ás 11:00 horas e está dirixido a empresas dos concellos de Muras, Xermade e Vilalba interesadas en coñecer oportunidades de financiamento e apoio para o desenvolvemento dos seus proxectos.

Durante a xornada presentaranse os diferentes programas de axuda, explicaranse os requisitos e procedementos necesarios para acceder aos fondos, e ofrecerase asesoramento para resolver posibles dúbidas. Entre os actos previstos inclúese a intervención da alcaldesa de Vilalba, Elba Marta Rouco Seoane, e da subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez López. Tamén participará Nuria Álvarez, axente do Territorio para as Zonas de Transición Xusta en Galicia, que presentará a nova convocatoria de axudas.

Ademais, exporanse exemplos reais de proxectos empresariais que foron apoiados en convocatorias anteriores, como o da empresa Envases Pesqueros Tep, S.A., da man da consultora Rosa María Vázquez.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un correo a atgalicia@transicionjusta.gob.es, indicando nome completo, empresa á que pertencen, correo electrónico e teléfono de contacto.

⚙ Configurar cookies
0.15056705474854