A Casa das Insuas acolle a presentación dunha guía micolóxica da provincia

LugoXa | TerraChaXa
Esta obra, elaborada por Julián Alonso, José Castro, María Cristina García-Echave e Antonio Rigueiro, é unha referencia esencial
presentacion-guia-micoloxia-provincia
17 Dec 2024

O vindeiro venres 20 de decembro, ás 19:30 horas, a Casa das Insuas acollerá a presentación da 2ª edición do libro Guía micolóxica básica da provincia de Lugo. Esta obra, elaborada por Julián Alonso, José Castro, María Cristina García-Echave e Antonio Rigueiro, é unha referencia esencial no estudo e divulgación da micoloxía na provincia.

A guía inclúe un capítulo dedicado á diversidade micolóxica da zona, fichas fotográficas con descricións detalladas de 202 especies e referencias a outras 384, ademais de información sobre toxicidade e comestibilidade. Completa a publicación un conxunto de anexos con lexislación, bibliografía e un glosario de termos especializados.

Este evento será unha excelente oportunidade para profundar no mundo dos cogomelos e dialogar directamente cos autores, quen compartirán a súa experiencia e coñecementos sobre o fascinante universo micolóxico.

0.088601112365723