A Casa das Insuas acolle dúas actividades esta fin de semana

TerraChaXa | LugoXa
A Casa das Insuas de Rábade acolle este fin de semana dúas actividades abertas á participación.
actividades casa das insuas rabade
10 May 2024

A Casa das Insuas de Rábade acolle este fin de semana dúas actividades abertas á participación.

O sábado 11, de 10:30 a 13:30, farase o mantemento e revisión das caixas refuxio de morcegos das Insuas do Miño, unha actividade para todas as idades na que se require calzado para a auga.

O domingo 12 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 realizarase unha saída ó campo para a busca e observación de anfibios e réptiles na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Desprazaranse en vehículos propios a diferentes zonas húmidas da Reserva e fará falla roupa e calzado de campo e bebida e comida de campo.

As prazas son limitadas para as dúas actividades e a inscricións debe facerse no www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en casadasinsuas@gmail.comou no 630-94.8293.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.18299317359924