A Casa das Insuas acolle un ciclo de talleres sobre o traballo con vimbio

TerraChaXa | LugoXa
Nos próximos tres meses a Casa das Insuas contará cun programa completo de cestería con vimbios.
taller vimbio casa das insuas portada
7 Feb 2024

Nos próximos tres meses a Casa das Insuas contará cun programa completo de cestería con vimbios. Nel, aprenderase a podar un cultivo de vimbios, a coidar estruturas de vimbio vivo xa creadas, a creación de estruturas de vimbio vivo en maceta e a realización de cestos de cortiza de vimbio.

A próximo fin de semana, o domingo 11 de febreiro de 10:30 a 14:00, comezarán co taller de poda de vimbios.

En cada unha das actividades abrirase o período de inscrición unha semana antes da súa realización. Inscricións en www.custodiadoterritorioorg/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.

Despois deste domingo, a seguinte cita será o 24 de febreiro (data pendente de confirmación) para falar de poda de estrutura de vimbios. O 17 de marzo será a vez da cestería de vimbio vivo e pechará o 14 de abril cunha sesión sobre cestería de cortiza de vimbio.

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.090496063232422