A Casa das Insuas acolle un curso de poda e enxerto de froiteiras

TerraChaXa
A Casa das Insuas de Rábade ofertará no primeiro fin de semana de febreiro o Curso Teórico-práctico de poda e enxerto en árbores froiteiras.
19 02 02   Poda e enxerto froiteiras
22 Xan 2019

A Casa das Insuas de Rábade ofertará no primeiro fin de semana de febreiro o Curso Teórico-práctico de poda e enxerto en árbores froiteiras. Esta formación estará a cargo de Helio Baamonde, agricultor ecolóxico, que se encargará de impartilo. O curso iniciarase cunha breve charla e logo haberá no Xardín das Froiteiras de Rábade a parte práctica.

O sábado as clases serán de 10:00 a 14:00 h e estará centrada na poda de árbores froiteiras. Os asistentes poderán levarse as estaquillas da poda para realizar enxertos.

O domingo 3 de febreiro, co mesmo horario, falarán de enxerto en árbores froiteiras. Os asistentes levaranse unha planta enxertada. O prezo do curso é de  30 euros (10 euros os socios da AGCT e os empadroados en Rábade). As inscricións e a información pode obterse a través de casadasinsuas@gmail.com ou no 680560882 (Alba).

Os organizadores, o Concello de Rábade e AGCT, recomendan que para as actividades no exterior se leve roupa e calzado de traballo para o campo e adaptados á meteoroloxía.

0.18280291557312