A Casa das Insuas acolle un obradoiro de feltro artesanal o domingo

LugoXa | TerraChaXa
Nel coñeceranse as diferentes técnicas de obtención a partir da la
obradoiro-de-feltro-artesanal-rabade
Cartel do evento
28 Maio 2024

O vindeiro domingo, día 2 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00 horas, na Casa das Insuas de Rábade, terá lugar un obradoiro de fabricación de feltro de forma artesanal. Nel coñeceranse as diferentes técnicas de obtención a partir da la, e descubrirán as propiedades desta da man de Fran Galán, biólogo e experto na materia e Tamara Nogueira, educadora ambiental e artesá.

As inscricións e información está en: www.custodiadoterritorio.org/actividades. no mail casadasinsuas@gmail.com ou no 630 94 82 93 (teléfono ou WhatsApp).

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.19264793395996