A Casa das Insuas acollerá tres parladoiros con produtores responsables co coidado da terra

LugoXa | TerraChaXa
O primeiro dos encontros será o 26 de outubro, ás 12:00 horas
parladoiros-casa-das-insuas
22 Out 2024

A Casa das Insuas, situada en Rábade, acollerá unha serie de encontros titulados Parladoiros con produtores responsables que coidan da terra, organizados pola Asociación Galega de Custodia do Territorio dentro da Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Estas xornadas, que se desenvolverán entre outubro e decembro de 2023, teñen como obxectivo destacar a importancia dos produtores locais comprometidos co coidado do medio ambiente.

O primeiro dos encontros será o 26 de outubro, ás 12:00 horas, coa participación de Isabel (Traloagro) e José Manuel (Josmar Ganadería). Tras a charla, haberá unha degustación de produtos típicos da Reserva da Biosfera.

A segunda cita está programada para o 23 de novembro, coa intervención de Concha (Casa Bértolo) e Joan (La Cabreta), tamén acompañada dunha degustación de produtos locais.

Finalmente, o 21 de decembro, será a quenda de Quico (Veiga de Luaces), Lito (MVMC de Carballo) e Toño (Casa Codesal), que pecharán o ciclo de parladoiros.

As actividades están subvencionadas pola Deputación de Lugo e contan co apoio da Reserva da Biosfera Terras do Miño, baixo o paraugas do Programa MaB da Unesco. A inscrición para participar pódese realizar a través do número 628 842 835.

Estes encontros constitúen unha oportunidade única para coñecer de primeira man o traballo de produtores comprometidos coa sustentabilidade e o coidado da terra, e para desfrutar de produtos da Reserva da Biosfera.

0.16488981246948