A Casa das Insuas celebra este domingo unha xornada sobre polinizadores

LugoXa | TerraChaXa
Trátase dunha experiencia pensada para todos os públicos que se desenvolverá en horario de mañá
curso-sobre-polinizadores-rabade-casa-das-insuas
Cartel
2 Xul 2024

O vindeiro domingo, día 7 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00, na Casa das Insuas de Rabade, terá lugar un obradoiro de observación e identificación de polinizadores das Insuas do Miño da man de Alberto Uría, naturalista e especialista. Leva por título Abellas, abellóns e avespas, unha viaxe polos polinizadores das insuas dos Miño.

Trátase dunha experiencia pensada para todos os públicos para a que a inscrición está aberta en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Os que desexen información poden facelo a través do  custodiadoterritorio@gmail.com ou 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.16148519515991