A Casa das Insuas de Rábade acolle unha sesión sobre bolboretas

TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Custodia do Territorio comeza as actividades de verán coa xornada sobre as Bolboretas das Insuas do Miño.
bolboretas insuas do mino portaa
3 Xul 2023

A Asociación Custodia do Territorio comeza as actividades de verán coa xornada sobre as Bolboretas das Insuas do Miño, da man do colectivo do BMS (Butterfly Monitoring Scheme), unha actividade que se desenvolverá na Casa das Insuas de Rábade.

Primeiramente farase unha aproximación ás características das Insuas do Miño e do proxecto de conservación que se está a realizar na zona, para logo falar das bolboretas que se poden atopar na zona e do programa que o BMS está a realizar. Posteriormente, a última hora da mañá e pola tarde, farase unha visita ós arredores das insuas do Miño e ás propias insuas observando as diferentes especies de bolboretas presentes.

A actividade comeza ás 10:30 e as charlas decorrerán ata as 12:30. No resto da mañá percorreranse arredores da Casa das Insuas e farase o xantar na zona. Xa pola tarde, achegaranse ás Insuas do Miño para coñecer as súas bolboretas.

Como tódalas actividades de campo, fará falla roupa e calzado adecuado e, para o xantar, bebida e comida para cada un de vós.

As prazas limitadas e as inscricións deben facerse en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Ofrecen máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

bolboretas insuas do mino
0.11635804176331