A Casa das Insuas de Rábade celebra este domingo a tradicional poda de vimbios

TerraChaXa
O domingo 13 de febreiro, de 10:30 a 14:00, a Casa das Insuas de Rábade acollerá a súa xornada anual voluntaria de poda de vimbios.
xornada poda vimbios casa insuas rabade portada
12 Feb 2022

O domingo 13 de febreiro, de 10:30 a 14:00, a Casa das Insuas de Rábade acollerá a súa xornada anual voluntaria de poda de vimbios para cestería na zona do Prado da Ponte. Nesta xornada realizarase a poda e mantemento de vimbios para cestería.

O Prado da Ponte é unha finca custodiada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio na que se desenvolven actividades de conservación da natureza e de educación ambiental. Componse de varias zonas en rexeneración ambiental: un bosque de ribeira no que se están a eliminar as especies alóctonas invasoras existentes; un Salicetum ou plantación experimental de vimbios que nos permite obter o material para a realización de cursos de cestería e dous humidais, unha charca e unha canle tradicional, de vital importancia para as anfibios e insectos acuáticos da zona.

Os traballos a realizar consisten en poda e mantemento de vimbios para cestería e talla de vimbios. Débese levar roupa e botas de traballo de campo para participar.

Os interesados en asistir deberán inscribirse na dirección custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630 948 293.

0.18921399116516