A Casa das Insuas de Rábade prepara novos cursos para este trimestre

Seguindo coas actividades na Casa das Insuas de Rábade, o seguinte obradoiro estará dirixido pola cesteira Idoia Cuesta, e será o domingo 24 de febreiro baixo o título o Obradoiro de estructuras de vimbio vivo, un taller práctico para aprender a tallar vimbio vivo e elaborar distintas estructuras.
O horario será de 10:30 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 e terá un prezo de 35 euros (socios AGCT) e 40 euros (non socios).
As inscricións poden facerse por email no casadasinsuas@gmail.com ou no 680560882 (Alba). Recoméndase levar roupa e calzado de traballo para o campo, adaptado a meteoroloxía.